vagalume dixital Contactar
Como traballamos

Un enfoque claro, próximo e orientado a resultados.

Primeiro entendemos o negocio. Despois propoñemos tecnoloxía que responda a necesidades reais.

01

Escoitamos

Coñecemos a túa empresa, o contexto e os obxectivos que queres acadar.

02

Analizamos

Revisamos a situación, identificamos riscos e ordenamos as prioridades.

03

Propoñemos

Definimos un alcance, unha solución e unha forma de traballo transparente.

04

Acompañamos

Executamos ou supervisamos as actuacións e revisamos a súa evolución.

Colaboración á túa medida.

Hai empresas que necesitan resolver un proxecto concreto. Outras buscan apoio técnico recorrente ou unha figura que achegue dirección tecnolóxica. Axustamos o modelo de colaboración a cada caso e deixamos claros o alcance e as responsabilidades.

Principios de traballo

  • Transparencia no alcance e nas prioridades.
  • Solucións proporcionadas ao contexto.
  • Documentación e transferencia de coñecemento.
  • Independencia na avaliación de alternativas.
  • Comunicación comprensible para perfís técnicos e de negocio.