vagalume dixital Contactar
Sobre Vagalume Dixital

Coñecemento técnico con visión de negocio.

Un socio tecnolóxico próximo para empresas que necesitan tomar mellores decisións, protexer os seus sistemas e avanzar con confianza.

Tecnoloxía ao servizo das persoas e das empresas.

Vagalume Dixital nace cunha idea: moitas pequenas e medianas empresas necesitan capacidades tecnolóxicas especializadas, pero non sempre poden manter un departamento IT completo. Ao mesmo tempo, os equipos técnicos pequenos necesitan apoio para abordar proxectos complexos e as direccións necesitan criterio para decidir onde investir.

O propósito de Vagalume Dixital é cubrir ese espazo mediante servizos de administración de sistemas, ciberseguridade, consultoría e dirección tecnolóxica externa.

Unha relación baseada na confianza e na claridade.

Buscamos relacións profesionais nas que as prioridades estean claras, as decisións se expliquen e a tecnoloxía responda a obxectivos concretos. Traballamos desde Galicia e podemos prestar servizos en remoto a empresas de toda España.