Ciberseguridade
Protexer a túa empresa comeza por coñecer os seus riscos.
Axudámoste a mellorar a seguridade dos teus sistemas con medidas realistas, priorizadas e aliñadas coa túa actividade.
Seguridade práctica, non só tecnoloxía.
A ciberseguridade require entender que activos son importantes, que ameazas poden afectar ao negocio e que medidas ofrecen unha redución significativa do risco.
Falar de seguridadeÁmbitos de traballo
- Revisión técnica e análise de riscos.
- Fortalecemento de servidores, redes e endpoints.
- Revisión de accesos, privilexios e autenticación.
- Identificación e priorización de vulnerabilidades.
- Copias de seguridade e recuperación ante incidentes.
- Políticas e boas prácticas de seguridade.