Dirección tecnolóxica externa · CTO as a Service
A túa empresa necesita dirección tecnolóxica. Non necesariamente un CTO no cadro de persoal.
Acompañamento estratéxico para conectar as decisións tecnolóxicas cos obxectivos do negocio.
De apagar lumes a ter unha folla de ruta.
Cando non existe unha figura que coordine a tecnoloxía, as decisións adoitan tomarse de forma reactiva. Un servizo de dirección tecnolóxica externa achega perspectiva, prioridades e seguimento sen asumir o custo dunha incorporación a tempo completo.
Falar sobre dirección ITQue pode incluír
- Avaliación da situación tecnolóxica actual.
- Definición de estratexia e folla de ruta IT.
- Planificación de orzamentos e investimentos.
- Supervisión de proxectos e provedores.
- Coordinación e acompañamento de equipos técnicos.
- Asesoramento á dirección en decisións tecnolóxicas.